Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AO ALUMNADO DE 1º ESO

Imagen
 Os nosos alumnos e as nosas alumnas de Voluntariado encargáronse de organizar unha xornada informativa para explicarlle o funcionamento da nosa Biblioteca ao alumnado de 1º de ESO. Con tal motivo, os Voluntarios/as deseñaron distintas actividades de carácter lúdico que conseguiron gañar a atención dos nosos rapaces máis novos, entusiastas participantes na actividade.