Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como XOGOS

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imagen
Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro), e en colaboración cos Departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química, durante unha semana convertemos a Biblioteca nun laboratorio improvisado.  As nosas compañeiras científicas encargáronse de organizar unha serie de xogos para que os nosos rapaces e rapazas máis novos conseguirán familiarizarse con mulleres que desenvolveron e desenvolven actualmente un papel exitoso no mundo da ciencia.   E polas súas mans pasaron persoeiros como Marie Curie e Ángeles Alvariño… pero tamén outras figuras menos coñecidas (pero non menos relevantes) como Hedy Lamarr. Quen sabe se espertamos alguna vocación con esta entretida actividade...    

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AO ALUMNADO DE 1º ESO

Imagen
 Os nosos alumnos e as nosas alumnas de Voluntariado encargáronse de organizar unha xornada informativa para explicarlle o funcionamento da nosa Biblioteca ao alumnado de 1º de ESO. Con tal motivo, os Voluntarios/as deseñaron distintas actividades de carácter lúdico que conseguiron gañar a atención dos nosos rapaces máis novos, entusiastas participantes na actividade.