8M: ESCAPE ROOM
Neste ano 2026 o Concello de Ferrol incorporou na súa programación institucional do 8M unha actividade de escape destinada tanto a fomentar a reflexión sobre a igualdade de xénero como a previr a violencia desde unha idade temperá. Así, mediante a resolución de enigmas e o traballo en equipo, o noso alumnado máis novo puido comprender as desigualdades sociais, económicas e laborais que padecen as mulleres na nosa sociedade. Tamén aprendeu a recoñecer as diversas manifestacións da violencia de xénero contra mulleres e nenas que é necesario erradicar. Do mesmo xeito, reflexonou sobre a idea de que todos debemos ter os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades na vida. Unha actividade realmente moi entretida e ben aproveitada.