Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

25N: A oca do machismo

Imagen
 Coa axuda do noso grupo de Voluntariado da Biblioteca creamos a nosa particular versión da "Oca do machismo".   Este xogo foi destinado a previr condutas machistas agresivas entre os nosos alumnos e promover o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.    A nosa particular versión subsituíu as caixas tradicionais do xogo de mesa por situacións relacionadas con micromachismos ou directamente coa violencia machista.  Así incluímos "caixas obstáculo", que obrigan a retroceder ou perder a quenda a quen caia nelas por incluír situacións que deberían ser eliminadas, como o respecto aos roles de xénero tradicionais, a violencia estética, as manifestacións de celos ou os intentos de control sobre a muller. Estas "caixas obstáculo" compleméntanse coas "caixas de avance", que recollen mostras de igualdade e axudan a avanzar aos participantes porque aluden a condutas de igualdade relacionadas coa corresponsabolidade ou a resolución pacífica de contidos...

25N: SEMPRE HAI SAÍDA

Imagen
  O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Coa intención de sensibilizar ao noso alumnado contra a violencia que moitas mulleres padecen en diferentes lugares do mundo desenvolvemos durante todo o día diferentes actividades en que participou toda a comunidade educativa.  Comezamos recibindo a toda a comunidade educativa con decoración alusiva á xornada que estabamos celebrando.

VOLUNTARIADO NA BIBLIO: FORMACIÓN DE USUARIOS

Imagen
Como cada curso escolar, durante o primeiro trimestre o noso equipo de Voluntariado organiza unha serie de actividades destinadas a formar aos nosos usuarios máis novos. Esta actividade, coordinada neste caso pola nosa compañeira Natalia Ogorodnikova, resulta moi interesante, sobre todo porque un bo coñecemento sobre os fondos e sobre o funcionamento da Biblioteca repercute moi positivamente nun emprego máis axeitado da mesma.   Para tratar de orientar ao alumnado recén chegado ao centro, os Voluntarios organizaron unha serie de actividades simples e variadas de carácter lúdico. Da súa man, os rapaces novos comprenderon a distribución da Biblioteca. Aprenderon a interpretar a información que inclúen os tellos. E mesmo se animaron a localizar e a devolver aos estantes os exemplares que lles proporcinaron para a práctica.    Todos (mestres e alumnos) desfrutaron moito dunha xornada tan diferente!!!  

SAMAÍN NA BIBLIO: CONCURSO DE MICRORRELATO DE TERROR

Imagen
Aproveitando o gran interese que o xénero de terror esperta entre os nosos alumnos e alumnas, durante este curso organizamos de novo o noso tradicional concurso de microrrelato de terror. É esta unha actividade moi amena que pretende premiar a creatividade dos nosos pequenos autores e ademais busca potenciar as interrelacións entre alumnado de diferentes cursos. As bases son moi claras: os participantes deben elaborar un microrrelato terrorífico a varias mans a partir dun comezo que lles proporcionamos previamente.      Foron moitos os que se animaron a participar na iniciativa!!!

SAMAÍN NA BIBLIO: LECTURAS TERRORÍFICAS NO CEIP ISAAC PERAL

Imagen
Ante o gran éxito que obtiveron os lectores Voluntarios da Biblioteca entre o alumnado do noso IES, pedimos permiso aos compañeiros do CEIP Isaac Peral, o noso centro adscrito de primaria, para desenvolver a nosa actividade de lecturas terroríficas entre os seus alumnos e alumnas. E alá marcharon os nosos Voluntarios, cheos de ilusión, con intención de aterrorizar coas súas dramatizacións literarias aos rapaces máis novos (e tamén, por que non, aos seus antigos profes!!!).    Unha actividade moi exitosa e aprezada por un público tan entregado como horrorizado.

SAMAÍN NA BIBLIO: LECTURAS TERRORÍFICAS NO IES SATURNINO MONTOJO

Imagen
 Durante o presente curso académico, e para celebrar o Samaín, botamos man do noso equipo de Voluntariado e de Correspondentes Xuvenís e decidimos organizar unha sesión de lecturas terroríficas entre o noso alumnado máis novo. Con esa intención dirixímonos ás aulas de 1º de ESO para sorprender (e asustar) aos nosos rapaces e rapazas.  Coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa adaptamos unha selección de relatos de terror provenientes de diversos autores (Edgar Allan Poe, Paula Carballeira, W.W. Jacobs, Stephen King...) e os levamos ás nosas aulas.  Foi moi divertido observar as reaccións sorprendidas dos nosos rapaces e rapazas ante unhas lecturas tan ben dramatizadas!!!