SAMAÍN NA BIBLIO: CONCURSO DE MICRORRELATO DE TERROR
Aproveitando o gran interese que o xénero de terror esperta entre os nosos alumnos e alumnas, durante este curso organizamos de novo o noso tradicional concurso de microrrelato de terror.
É esta unha actividade moi amena que pretende premiar a creatividade dos nosos pequenos autores e ademais busca potenciar as interrelacións entre alumnado de diferentes cursos.
As bases son moi claras: os participantes deben elaborar un microrrelato terrorífico a varias mans a partir dun comezo que lles proporcionamos previamente.
Foron moitos os que se animaron a participar na iniciativa!!!




Comentarios
Publicar un comentario