FALADOIRO: A PAZ NO MUNDO
Para acompañar a celebración do Día da Paz, e coa colaboración do equipo de Correspondentes Xuvenís, coordinado polas nosas compañeiras Carme e Raquel, organizamos na Biblioteca un Faladoiro sobre a paz no mundo. Foi unha reunión moi interesante e moi intensa. Comezamos aludindo á gran cantidade de conflitos armados que nos rodean. O alumnado participante reflexionou sobre o anestesiados que estamos ante estas situacións de violencia que, por desgraza, están case normalizadas para gran parte de nós. Tamén meditou sobre o mediatizados que estamos polos medios de prensa (porque, coñecemos realmente todos os conflitos ou simplemente aqueles que nos afectan dalgún xeito?) A continuación as coordinadoras pasaron a valorar como se podería traballar a favor da paz. Sen caer en opinións excesivamente simplistas ou optimistas, os rapaces defenderon que resulta necesario buscar un ben común por riba de ideoloxías. Así mesmo aseguraron que é imprescindible escoitar ao que temos diante...