Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como TEATRO CON G

MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO

Imagen
O xoves 28 de maio, o noso grupo de teatro Os Saturninos estreou no teatro Jofre con grande éxito a adaptación de O achado do castro, de Manuel Núñez Singala.   Esta obra, a imitación das comedia clásicas, mestura dúas accións dramáticas: o amor prohibido entre Carmiñae, a filla do emperador e Manolitus, fillo dunha grande empresaria romana e o intento de roubo do medallón do emperador por parte de dous ladróns torpes e simpáticos.    É unha historia moi entretida e recomendable para todas as idades que os nosos actores e as nosas actrices defenderon con gran profesionalidade. Os Saturninos: Representación de O achado do castro   

MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO

Imagen
O 23 de maio, o noso grupo de teatro escolar, Os Saturninos, estreou no teatro Jofre a obra "De cine".  Organizada en tres actos, "De cine" mostra as vivencias de varias mulleres que loitan por liberarse de figuras maculinas abusivas que lles impiden ser felices. O primeiro acto narra a historia de Eva, que debe escoller entre Xurxo, o seu mozo controlador e dominante, e a súa carreira profesional. No segundo acto, Lidia ten que fuxir de Raúl, un home celoso que pretende apartala de familia e amigos para illala e controlar completamente a súa existencia. O acto final reproduce o duro acoso que sofre unha rapaza no grupo de Whatsapp de clase tras abandonar o seu mozo. Teatro con G: De cine