Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como FALADOIRO

FALADOIRO: INTELIXENCIA ARTIFICIAL, SI OU NON?

Imagen
O 29 de novembro celebramos na nosa bilioteca o primeiro faladoiro do curso. Coordinado polas nosas compañeiras do equipo, Carme, Rocío e Julia, nesta ocasión o tema escollido para o debate entre o alumnado xurdiu da seguinte pregunta: Cres que IA vai mellorar a sociedade? Realmente as respostas dos nosos alumnos e alumnas foron moi variadas. A maioría considerou que os beneficios que nos ofrece a IA son moi superiores aos seus posibles prexuízos, porque xa é unha ferramenta case imprescindible en áreas como a medicina, a enxeñería ou a economía.  Destacaron o seu papel na mellora da eficiencia dos procesos e, sobre todo, na optimización da precisión en determinadas actividades (operacións...), coa conseguinte redución dos erros humanos. Non obstante, tamén sinalaron a necesidade de actuar con prudencia para evitar posibles problemas relacionados coa ética e coa xustiza. E, sobre todo, para manter viva a esencia do ser humano en diferentes actividades relacionadas co mundo artístic...

FALADOIRO: INFLÚEN AS REDES NAS RELACIÓNS SOCIAIS?

Imagen
 Durante a mañá do 14 de abril propuxémoslles unha faladorio ao noso alumnado sobre a influenza das redes nas relación sociais.  Ao longo de toda semana, a comunidade educativo puido depositar nunha caixiña a súa opinión sobre o tema. Durante o recreo do día 14 lemos algunhas das propostas e, posteriormente, establecemos un faladoiro para tratar de identificar cal é a influenza real das novas tecnoloxías nas formas de relacionarse.    

FALADOIRO SOBRE O AMOR

Imagen
 Aproveitando o día de San Valentín, os rapaces e rapazas do centro puideron explicar en tarxetas deseñadas para a ocasión qué é o amor para eles.  Durante o recreo lemos algunhas das propostas e, posteriormente, establecemos un faladoiro para descubrir qué significa este sentimento e para tratar de desterrar falsos mitos.