Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS

MAIO, MES CON G: ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS

Imagen
Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de Proxecto interdisciplinar visitou a residencia DomusVi para compartir unha mañá cos maiores que viven nela. Foi unha xornada moi intensa na que os nosos rapaces e rapazas, co seu recitado de cantigas, trataron de lembrar a xuventude dos usuarios. Mozos e anciáns compartiron anécdotas, cantaron e bailaron, riron e desfrutaron dunha   

NADAL: POSTAIS PARA OS MAIORES

Imagen
  Organizado por Carme, a nosa compañeira do equipo da biblioteca, o alumnado participante en Proxecto Interdisciplinar escribiu postais de Nadal dirixidas aos usuarios da residencia de maiores DomusVi, próxima ao noso centro educativo.  Nunha xornada moi emotiva, os rapaces e rapazas repartiron as felicitacións entre os anciáns da residencia e compartiron con eles e elas os seus mellores desexos para o remate do ano 2024 e para o comezo do 2025.

ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS: FALAMOS DA ESCOLA

Imagen
 O día 29 de marzo, e dentro das actividades interxeneracionais que desenvolvemos en colaboración coa Fundación ABANCA, os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO participaron na iniciativa FALAMOS DA ESCOLA.   Esta actividade, que permite o enriquecedor intercambio de información entre o noso alumnado e persoas dunha xeración moi anterior, dividiuse en dúas etapas. Nun primeiro momento, recibimos a visita de Esther Maseda, Josefa Ávarez e Jesús Victoria, que nos falaron sobre as súas experiencias educativas. A raíz da súa participación, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre os cambios no acceso á educación no noso país, pero tamén sobre a necesidade de educarse como paso para acadar unha formación íntegra como persoa.     Nun momento posterior, acudimos cos rapaces á propia Fundación Abanca para desenvolver a segunda parte da actividade: reflexionar sobre cal debe ser o papel da educación na sociedade contemporánea. Neste caso, o alumnado foi organi...