ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS: FALAMOS DA ESCOLA

 O día 29 de marzo, e dentro das actividades interxeneracionais que desenvolvemos en colaboración coa Fundación ABANCA, os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO participaron na iniciativa FALAMOS DA ESCOLA.


 

Esta actividade, que permite o enriquecedor intercambio de información entre o noso alumnado e persoas dunha xeración moi anterior, dividiuse en dúas etapas. Nun primeiro momento, recibimos a visita de Esther Maseda, Josefa Ávarez e Jesús Victoria, que nos falaron sobre as súas experiencias educativas. A raíz da súa participación, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre os cambios no acceso á educación no noso país, pero tamén sobre a necesidade de educarse como paso para acadar unha formación íntegra como persoa.  



 

Nun momento posterior, acudimos cos rapaces á propia Fundación Abanca para desenvolver a segunda parte da actividade: reflexionar sobre cal debe ser o papel da educación na sociedade contemporánea. Neste caso, o alumnado foi organizado en grupos coordinados por un maior que se encargou de dirixir e planificar o proceso. O resultado foi profundamente enriquecedor para todos os participantes!!!



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?