Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

8M: CHAPAS SOBRE AVENTUREIRAS FEMININAS

Imagen
Durante o presente curso académico, o tema proposto pola nosa Biblioteca como punto de partida para promover e desenvolver actividades de lectura e investigación foi "Aventura e aventureiros/as".  Apoiándonos nese tema, o noso alumnado de Voluntariado desenvolveu a biografía de mulleres aventureiras de diferentes épocas. Realmente non foi fácil escoller, porque o número de féminas que se alzaron contra os prexuízos da súa época e decidiron actura de forma libre segundo os seus propios principios vitais é moi ampla, pero finalmente foron seis as mulleres seleccionadas: -Jeanne Barett, a primeira muller en dar a volta ao mundo en barco, pero vestida de home. -Alexandra David Néel, a primeira muller en acceder á capital do Tibet, que tivo que entrar camufllada con roupas masculinas. -Annie Londonderry, a primeira muller en dar a volta ao mundo en bicicleta vestida con pantanlóns e nun vehículo masculino. -Delia Akeley, a primeira muller en percorrer soa e a pé o continente afric...

DÍA DE ROSALÍA: RECITADO NO NOSO INSTITUTO

Imagen
 Con intención de celebrar o día de Rosalía, os nosos Correspondentes Xuvenís reuníronse na Biblioteca do insituto para recitar poemas da autora de Padrón e lembrar así con admiración, respecto e agarimo a figura da grande poeta galega. Foi unha actividade moi animada e divertida que espertou a vea poética dun alumnado entusiasmado que soubo honrar coas súas lecturas emocionadas a memoria da autora de Padrón.

DÍA DE ROSALÍA: RECITAMOS NO BARRIO

Imagen
Para celebrar o Día de Rosalía, o noso alumnado de Correspondentes Xuvenís converteuse en dinamizador cultural e percorreu o barrio animando aos veciños a recitar poemas da autora galega. Con esta actividade, os nosos animosos rapaces pretenderon potenciar a participación cidadá na homenaxe á nosa autora máis universal e, sobre todo, achegar ao público xeral a obra rosaliana tratando de fomentar ao mesmo tempo o pracer pola lectura.   A pesar de que foi unha actividade moi ben organizada e cunha selección fantástica de poemas de diferente extension e dificultade, non resultou doado conseguir a colaboración de todos os que foron invitados a unirse á nosa celebración.    Non obstante, atopamos a varios lectores entusiastas que nos acompañaron amablemente na actividade, que nos animaron a continuar e que recibiron, por suposto, unha rosa como agasallo pola súa xentileza e cordialidade. 

DÍA DE ROSALÍA: RECITADO NO CENTRO

Imagen
      Para acompañar o recitado do alumnado con motivo do Día de Rosalía, os nosos Correspondentes Xuvenís animaron ao profesorado do noso IES a contribuír coa lectura dramatizada de diferentes poemas da gran poeta galega.     Foron moitos os docentes que nos acompañaron nesta actividade que non só supuxo un recordo emocionado da obra rosaliana senón tamén un apoio decisivo e maioritario á nosa lingua.