Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

VOLUNTARIADO NA BIBLIO: A PALABRA DO DÍA

Imagen
Con intención de fomentar a aprendizaxe e o enriquecemento do vocabulario dos seus compañeiros, o noso Voluntariado desenvolveu unha actividade chamada: "A palabra do día". Así, cada semana durante o último trimestre, os Voluntarios encargáronse de expoñer nos corredores diferentes palabras que lles chamaron a atención, tanto polo significado como por outras cuestións: a eufonía, a recente incorporación ao dicionario, o seu carácter técnico...   

MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO

Imagen
O xoves 28 de maio, o noso grupo de teatro Os Saturninos estreou no teatro Jofre con grande éxito a adaptación de O achado do castro, de Manuel Núñez Singala.   Esta obra, a imitación das comedia clásicas, mestura dúas accións dramáticas: o amor prohibido entre Carmiñae, a filla do emperador e Manolitus, fillo dunha grande empresaria romana e o intento de roubo do medallón do emperador por parte de dous ladróns torpes e simpáticos.    É unha historia moi entretida e recomendable para todas as idades que os nosos actores e as nosas actrices defenderon con gran profesionalidade. Os Saturninos: Representación de O achado do castro   

MAIO, MES CON G: ANALIZAMOS A OBRA DE BEGOÑA CAAMAÑO

Imagen
  Con intención de reivindicar a obra de Begoña Caamaño , a autora das Letras Galegas no ano 2026, a nosa compañeira Raquel, colaboradora no equipo da biblitoteca, reuniu a un grupo de alumnas de 4 de ESO e 1º de Bacharelato para analizar de xeito conxunto a novela da autora de Vigo Morgana en Esmelle .  Nesta novela, Begoña Caamaño emprega o mito artúrico para apuxar aos seus lectores a reflexionar sobre a culpa, a sororidade e o peso do patriarcado na vida das mulleres. O argumento parece simple: Morgana chega a Esmelle na procura de respostas sobre a súa inmensa infelicidade. A través das súas lembranzas, conseguimos tecer as verdadeiras causas da caída de Camelot.  Os participantes na xuntanza destacaron que, a pesar desa aparente simplicidade, a novela resultaba un tanto complicada debido ao seu léxico variado e riquísimo e, sobre todo, á mestura de voces narrativas, que aportan múltiples perspectivas, pero que por momentos dificultan a comprensión do texto. No relat...

MAIO, MES CON G: SACAMOS A LITERATURA AOS CORREDORES: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
 Coa axuda dos nosos Correspondentes, sacamos aos corredores os carteis que enviou a Consellería de Educación sobre a autora homenaxeada este ano polas Letras galegas: Begoña Caamaño.    Esta escritora e periodista foi coñecida por reintepretar de forma maxistral os mitos clásicos e artúricos, outorgando un especial protagonismo ás mulleres.    Coa exposición dos carteis que proporcionan información sobre a súa vida e a súa obra, o noso alumnado poderá desenvolver diferentes acitivades para reivindicar o labor trascendental desta gran autora e defensora da lingua e cultura galegas.

EXPOSICIÓNS NA BIBLIO: EMULANDO O NAUTILUS

Imagen
 Coa coordinación de Elisa, a nosa compañeira de Tecnoloxía e membro do equipo da Biblioteca, o noso alumnado de 1º de ESO creou diferentes prototipos de submarino que trataban de emular o Nautilus do capitán Nemo.   A verdade é que as súas creacións son mostra da súa enorme imaxinación e tamén, evidentemente, da paciencia e capacidade da nosa compañeira para guialos nunha tarefa tan complexa como entretida.  

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: DESCOBRE O AUTOR

Imagen
 Con intención de celebrar o Día do Libro dun xeito diferente, este ano o equipo da nosa biblioteca decidiu retar a toda a comunidade educativa a participar nun concurso literario: Poderías identificar cal é o autor?  Así que enchemos os corredores do centro con carteis que incluían o nome desordenado de autores e autoras relevantes da literatura universal.  E animamos ao noso alumando a descubrir cal era o nome que se escondía en cada cartel.   Comezaron a adiviñar en pequenos grupos, timidamente...  Pero moi pronto se incorporaron os compañeiros, desexosos de comprobar os seus coñecementos.   Foi unha actividade que todos desfrutaron enormemente, sobre todo porque finalmente abandonaron o espírito competitivo para axudarse a adiviñar o nome de escritores e escritoras que todos coñecían de xeito directo ou indirecto. 

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: INTERCAMBIO DE LIBROS

Imagen
Promovido polo noso alumnado máis novo e coordinado polos Correspondentes e os Voluntarios da nosa biblioteca, durante o Día do Libro organizamos un intercambio de libros.  Esta actividade estivo dirixida a dar unha segunda vida aos nosos libros vellos e a crear unha comunidade lectora máis activa. Con esa intención, durante varios días recollemos exemplares doados por membros da comunidade educativa e entregamos vales a todos os participantes na iniciativa. Posteriormente os nosos colaboradores encargáronse de expoñer os volumes entregados e de facilitar que todos os que tiveran un vale puideran escoller un libro de entre os doados para levalo a casa. A pesar de que foi una actividade difícil de xestionar (houbo que recoller libros, comprobar que estaban en bo estado, entregar vales, expoñer os exemplares e organizar o intercambio final), todos os participantes e colaboradores quedaron encantados coa iniciativa.     Haberá que repetir o ano que vén!!!

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XADREZ

Imagen
 Durante o presente curso académico retomamos o Club de xadrez que tanto éxito tivo hai uns anos no noso instituto.  Nesta ocasión foi o noso compañeiro José Juan, profesor de Matemáticas, o encargado de coordenar os rapaces na actividade. Todos os segundos martes de mes de 15:30 a 16:30 o alumnado participante puido reunirse na nosa biblioteca para mellorar o seu nivel de xogo a través da práctica con opoñentes de diversas idades e de diferentes perfís. Foi moi interesante comprobar como os alumnos e alumnas participantes melloraban a súa concentración e aprendían a controlar os nervios en partidas cada vez máis intensas e mellor planificadas.    

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA

Imagen
 Da man das nosas compañeiras do equipo da biblioteca Rocío e Julia, varios alumnos e alumnas voluntarios organizaron un taller de xogos na nosa biblioteca escolar.  A pesar de que esta iniciativa foi destinada a todo o alumnado do centro, tratamos de potenciar a súa capacidade inclusiva e favorecer especialmente a participación de alumnos e alumnas con dificultades de relación. De novo a súa capacidade de integración quedou lonxe de toda dúbida.