ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: INTERCAMBIO DE LIBROS
Promovido polo noso alumnado máis novo e coordinado polos Correspondentes e os Voluntarios da nosa biblioteca, durante o Día do Libro organizamos un intercambio de libros.
Esta actividade estivo dirixida a dar unha segunda vida aos nosos libros vellos e a crear unha comunidade lectora máis activa.
A pesar de que foi una actividade difícil de xestionar (houbo que recoller libros, comprobar que estaban en bo estado, entregar vales, expoñer os exemplares e organizar o intercambio final), todos os participantes e colaboradores quedaron encantados coa iniciativa.
Haberá que repetir o ano que vén!!!





Comentarios
Publicar un comentario