TEATRO EN CASTELÁN: LA CASA DE BERNARDA ALBA
O martes 9 de xuño o grupo de teatro de maiores Os Saturninos estreou La casa de Bernarda Alba no salón de actos do IES Sofía Casanova. Posteriormente, o día 19 de xuño representou a mesma obra no salón de actos do IES Saturnino Montojo. Escollemos esta obra porque é un clásico que ofrece unha grande intensidade dramática e que permite un claro lucimento interpretativo para as nosas talentosas actrices. Ademais, a denuncia social que inclúe Lorca na súa traxedia segue reseoando con forza na nosa sociedade. Obra de teatro de Os Saturninos: La casa de Bernarda Alba