ROTEIRO LITERARIO CO IES DE CATABOIS: LORCA EN BETANZOS
Como agradecemento pola súa entusiasta colabación en todas as nosas propostas lectoras, hoxe invitamos aos membros do noso Club de novela gráfica a un roteiro literario co grupo lector do IES de Catabois.
O destino da nosa viaxe foi, nesta ocasión, Betanzos. Escollemos este lugar como punto de partida para as actividades que desenvolveremos o curso que vén con motivo da celebración do centenario da Xeración do 27. Pero, por que Betanzos? Lorca visitou esta vila no 1932, nunha excursión para coñecer os arredores coruñeses aproveitando unha visita como conferenciante á comunidade galega. O paso do autor granadino pola vila brigantina será o acontecemento que marcará a actividade central do día.
Comezamos a xornada cunha visita guiada á vila.
O noso alumnado puido coñecer así a orixe medieval de Betanzos e puido admirar a enorme calidade arquitectónica das igrexas de San Francisco e Santa María de Azougue.
A continuación visitamos o Museo das Mariñas, instalado no edificio do antigo convento de Santo Domingo, onde nos recibiron cunha actividade amena e imaxinativa, porque foron os propios estudantes, organizados en grupos, os que se encargaron de presentar as biografías de persoeiros relevantes da historia betanceira.
Pola tarde empezou a chover, así que tivemos que improvisar unha sesión de xogos de mesa que, por certo, tivo moi boa acollida.
E `por fin chegou o momento de desenvolver a actividade central do día!!!
Nesta ocasión propuxémoslle ao noso alumnado un pequeno traballo de investigación a partir da breve estancia de Lorca en Betanzos.
E, organizados en grupos, todos se animaron a descubrir en que lugar lle sacaron ao autor de Romancero gitano a fotografía máis coñecida daquela visita e cales eran os homes que o acompañaban.
Como colofón da tarefa, tiveron que emular a famosa foto de Lorca e recitar un dos seis poemas galegos do poeta.
Os resultados foron moi divertidos!!!
Aquí temos a proposta gañadora











Comentarios
Publicar un comentario