MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO


O xoves 28 de maio, o noso grupo de teatro Os Saturninos estreou no teatro Jofre con grande éxito a adaptación de O achado do castro, de Manuel Núñez Singala.


  Esta obra, a imitación das comedia clásicas, mestura dúas accións dramáticas: o amor prohibido entre Carmiñae, a filla do emperador e Manolitus, fillo dunha grande empresaria romana e o intento de roubo do medallón do emperador por parte de dous ladróns torpes e simpáticos.

   É unha historia moi entretida e recomendable para todas as idades que os nosos actores e as nosas actrices defenderon con gran profesionalidade.

Os Saturninos: Representación de O achado do castro

  


Comentarios