ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO: DESCOBRE O AUTOR
Con intención de celebrar o Día do Libro dun xeito diferente, este ano o equipo da nosa biblioteca decidiu retar a toda a comunidade educativa a participar nun concurso literario: Poderías identificar cal é o autor?
Así que enchemos os corredores do centro con carteis que incluían o nome desordenado de autores e autoras relevantes da literatura universal.
E animamos ao noso alumando a descubrir cal era o nome que se escondía en cada cartel.
Comezaron a adiviñar en pequenos grupos, timidamente...
Pero moi pronto se incorporaron os compañeiros, desexosos de comprobar os seus coñecementos.
Foi unha actividade que todos desfrutaron enormemente, sobre todo porque finalmente abandonaron o espírito competitivo para axudarse a adiviñar o nome de escritores e escritoras que todos coñecían de xeito directo ou indirecto.





Comentarios
Publicar un comentario