NADAL: POSTAIS PARA OS MAIORES
Organizado por Carme, a nosa compañeira do equipo da biblioteca, o alumnado participante en Proxecto Interdisciplinar escribiu postais de Nadal dirixidas aos usuarios da residencia de maiores DomusVi, próxima ao noso centro educativo.
Nunha xornada moi emotiva, os rapaces e rapazas repartiron as felicitacións entre os anciáns da residencia e compartiron con eles e elas os seus mellores desexos para o remate do ano 2024 e para o comezo do 2025.
Comentarios
Publicar un comentario