FALADOIRO: INTELIXENCIA ARTIFICIAL, SI OU NON?
O 29 de novembro celebramos na nosa bilioteca o primeiro faladoiro do curso. Coordinado polas nosas compañeiras do equipo, Carme, Rocío e Julia, nesta ocasión o tema escollido para o debate entre o alumnado xurdiu da seguinte pregunta: Cres que IA vai mellorar a sociedade?
Realmente as respostas dos nosos alumnos e alumnas foron moi variadas. A maioría considerou que os beneficios que nos ofrece a IA son moi superiores aos seus posibles prexuízos, porque xa é unha ferramenta case imprescindible en áreas como a medicina, a enxeñería ou a economía.
Destacaron o seu papel na mellora da eficiencia dos procesos e, sobre todo, na optimización da precisión en determinadas actividades (operacións...), coa conseguinte redución dos erros humanos.
Non obstante, tamén sinalaron a necesidade de actuar con prudencia para evitar posibles problemas relacionados coa ética e coa xustiza.
E, sobre todo, para manter viva a esencia do ser humano en diferentes actividades relacionadas co mundo artístico (literatura, pintura, escultura...).
Comentarios
Publicar un comentario