FALADOIRO: A PAZ NO MUNDO


 Para acompañar a celebración do Día da Paz, e coa colaboración do equipo de Correspondentes Xuvenís, coordinado polas nosas compañeiras Carme e Raquel, organizamos na Biblioteca un Faladoiro sobre a paz no mundo.


Foi unha reunión moi interesante e moi intensa.

Comezamos aludindo á gran cantidade de conflitos armados que nos rodean. O alumnado participante reflexionou sobre o anestesiados que estamos ante estas situacións de violencia que, por desgraza, están case normalizadas para gran parte de nós. Tamén meditou sobre o mediatizados que estamos polos medios de prensa (porque, coñecemos realmente todos os conflitos ou simplemente aqueles que nos afectan dalgún xeito?) 


A continuación as coordinadoras pasaron a valorar como se podería traballar a favor da paz. Sen caer en opinións excesivamente simplistas ou optimistas, os rapaces defenderon que resulta necesario buscar un ben común por riba de ideoloxías. Así mesmo aseguraron que é imprescindible escoitar ao que temos diante e, ante todo, denunciar os abusos buscando a conciliación e a solidariedade.


  Para finalizar, os paticipantes aludiron á importancia de loitar contra a desigualdade e a discriminación e, ante todo, a respectar os dereitos dos máis para conseguir que se respecten os nosos.

   


Foi una xornada moi ben aproveitada!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

MAIO, MES CON G: ROTEIRO CASTELAO CO IES DE CATABOIS

MAIO, MES CON G: EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO