SAMAÍN NA BIBLIO: LECTURAS TERRORÍFICAS NO CEIP ISAAC PERAL
Ante o gran éxito que obtiveron os lectores Voluntarios da Biblioteca entre o alumnado do noso IES, pedimos permiso aos compañeiros do CEIP Isaac Peral, o noso centro adscrito de primaria, para desenvolver a nosa actividade de lecturas terroríficas entre os seus alumnos e alumnas.
E alá marcharon os nosos Voluntarios, cheos de ilusión, con intención de aterrorizar coas súas dramatizacións literarias aos rapaces máis novos (e tamén, por que non, aos seus antigos profes!!!).
Unha actividade moi exitosa e aprezada por un público tan entregado como horrorizado.



Comentarios
Publicar un comentario