VOLUNTARIADO NA BIBLIO: FORMACIÓN DE USUARIOS
Como cada curso escolar, durante o primeiro trimestre o noso equipo de Voluntariado organiza unha serie de actividades destinadas a formar aos nosos usuarios máis novos. Esta actividade, coordinada neste caso pola nosa compañeira Natalia Ogorodnikova, resulta moi interesante, sobre todo porque un bo coñecemento sobre os fondos e sobre o funcionamento da Biblioteca repercute moi positivamente nun emprego máis axeitado da mesma.
Para tratar de orientar ao alumnado recén chegado ao centro, os Voluntarios organizaron unha serie de actividades simples e variadas de carácter lúdico.
E mesmo se animaron a localizar e a devolver aos estantes os exemplares que lles proporcinaron para a práctica.






Comentarios
Publicar un comentario