SAMAÍN NA BIBLIO: LECTURAS TERRORÍFICAS NO IES SATURNINO MONTOJO

 Durante o presente curso académico, e para celebrar o Samaín, botamos man do noso equipo de Voluntariado e de Correspondentes Xuvenís e decidimos organizar unha sesión de lecturas terroríficas entre o noso alumnado máis novo. Con esa intención dirixímonos ás aulas de 1º de ESO para sorprender (e asustar) aos nosos rapaces e rapazas. 


Coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa adaptamos unha selección de relatos de terror provenientes de diversos autores (Edgar Allan Poe, Paula Carballeira, W.W. Jacobs, Stephen King...) e os levamos ás nosas aulas. 



Foi moi divertido observar as reaccións sorprendidas dos nosos rapaces e rapazas ante unhas lecturas tan ben dramatizadas!!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

MAIO, MES CON G: ROTEIRO CASTELAO CO IES DE CATABOIS

MAIO, MES CON G: EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO