DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro), e en colaboración cos Departamentos de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química, durante unha semana convertemos a Biblioteca nun laboratorio improvisado.


 As nosas compañeiras científicas encargáronse de organizar unha serie de xogos para que os nosos rapaces e rapazas máis novos conseguirán familiarizarse con mulleres que desenvolveron e desenvolven actualmente un papel exitoso no mundo da ciencia.  

E polas súas mans pasaron persoeiros como Marie Curie e Ángeles Alvariño… pero tamén outras figuras menos coñecidas (pero non menos relevantes) como Hedy Lamarr. Quen sabe se espertamos alguna vocación con esta entretida actividade...



 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?