O 23 de maio, o noso grupo de teatro escolar, Os Saturninos, estreou no teatro Jofre a obra "De cine". Organizada en tres actos, "De cine" mostra as vivencias de varias mulleres que loitan por liberarse de figuras maculinas abusivas que lles impiden ser felices. O primeiro acto narra a historia de Eva, que debe escoller entre Xurxo, o seu mozo controlador e dominante, e a súa carreira profesional. No segundo acto, Lidia ten que fuxir de Raúl, un home celoso que pretende apartala de familia e amigos para illala e controlar completamente a súa existencia. O acto final reproduce o duro acoso que sofre unha rapaza no grupo de Whatsapp de clase tras abandonar o seu mozo. Teatro con G: De cine