Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

25N: SEMPRE HAI SAÍDA

Imagen
  O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Coa intención de sensibilizar ao noso alumnado contra a violencia que moitas mulleres padecen en diferentes lugares do mundo  desenvolvemos durante todo o día diferentes actividades en que participou toda a comunidade educativa. En primeiro lugar, os nosos alumnos e alumnas investigaron sobre o número de mulleres asesinadas en España durante o ano 2024.  A continuación, deseñamos no corredor de entrada un sendeiro que simulase o camiño cara a liberdade para todas esas mulleres que sofren en silencio abusos físicos e/ou psicolóxicos.    Porque con axuda, sempre hai saída.

RECITADO NO CARVALHO CALERO

Imagen
 Un grupo de alumnado de 2 ESO, acompañado polas nosas compañeiras do equipo da Biblioteca e de Dinamización Lingüística, Carme e Belén, participaron nun recitado intercentros no Centro Cultural Carvalho Calero. Unha xornada chea de música e literatura!!! 

CHARLAS NA BIBLIO: LINGUA DE SIGNOS

Imagen
  Coa intención de potenciar a inclusión entre o noso alumnado máis novo, invitamos a Teresa a que viñese darnos un curso de lingua de signos. Ante un público atento e receptivo, explicounos os problemas das persoas con discapacidade auditiva e introduciunos na lingua de signos que empregan habitualmente para comunicarse. Tamén nos aclarou que esta lingua ten unha gramática propia e que cada país, e mesmo ás veces cada rexión, ten a súa propia lingua de signos. Segundo ela existen máis de 300 en todo o mundo!!! De xeito práctico, introduciu aos nosos rapaces e rapazas neste mecanismo de comunicación que emprega unha canle xestual, visual e espacial. E rematou a sesión facendo especial fincapé na necesidade de integración das persoas con problemas de xordeira e na utilidade da aprendizaxe da lingua de signos para facilitar o seu día a día. Una xornada especialmente entretida e aproveitable!!!

SAMAÍN NA BIBLIO

Imagen
  Durante o presente curso académico, e para celebrar o Samaín, botamos man do noso equipo de Voluntariado e de Correspondentes e fixemos unha sesión de lecturas terroríficas entre o noso alumnado máis novo.  Coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa adaptamos unha selección de relatos de terror provenientes de diversos autores (Edgar Allan Poe, Paula Carballeira, W.W. Jacobs, Stephen King...) e os levamos ás aulas.  Foi moi divertido observar as reaccións sorprendidas dos nosos rapaces e rapazas ante unhas lecturas tan ben dramatizadas!!!