CHARLAS NA BIBLIO: LINGUA DE SIGNOS

 


Coa intención de potenciar a inclusión entre o noso alumnado máis novo, invitamos a Teresa a que viñese darnos un curso de lingua de signos.

Ante un público atento e receptivo, explicounos os problemas das persoas con discapacidade auditiva e introduciunos na lingua de signos que empregan habitualmente para comunicarse.



Tamén nos aclarou que esta lingua ten unha gramática propia e que cada país, e mesmo ás veces cada rexión, ten a súa propia lingua de signos. Segundo ela existen máis de 300 en todo o mundo!!!


De xeito práctico, introduciu aos nosos rapaces e rapazas neste mecanismo de comunicación que emprega unha canle xestual, visual e espacial.



E rematou a sesión facendo especial fincapé na necesidade de integración das persoas con problemas de xordeira e na utilidade da aprendizaxe da lingua de signos para facilitar o seu día a día.



Una xornada especialmente entretida e aproveitable!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?