MAIO, MES CON G: ROTEIRO CASTELAO CO IES DE CATABOIS
O pasado 27 de maio xuntamos ao noso alumnado do Club de narrativa de 4 ESO cos rapaces e rapazas do Club de lectura do IES de Catabois e viaxamos xuntos a Rianxo coa intención de facer o Roteiro de Castelao . Foi unha xornada intensa que todos abordamos con enerxía. Comezamos o noso camiño coa visita á casa do gran poeta Manuel Antonio. Da man do noso compañeiro Alberto, coñecemos o seu pasado revolucionario e as súas ansias por participar tanto na Primeira Guerra Mundial coa Lexión Estranxeira francesa, como na Revolución Rusa de outubro. Tamén coñecemos a súa amizade con Dieste, Risco ou Castelao, o seu contacto coas Vangardas, ou a influencia que supuxeron para a súa poesía o folklore popular galego, o saudosismo portugués ou os haikus xaponeses. Non esquecemos tampouco o seu activismo político e cultural en compaña das figuras máis relevantes da época. Ou a súa gran paixón polo mar, que tan ben reflectiu nos seus poemarios. Un pouco tristes tras descubrir a súa morte precoz p...