Entradas

SACAMOS A LITERATURA AOS CORREDORES: COPLAS VANGARDISTAS

Imagen
Unha das cuestións que máis lle preocupan ao equipo de biblioteca do IES Saturnino Montojo é o rexeitamento que mostra unha parte do noso alumnado cara as obras de literatura clásica.  Por iso, durante o presente curso académico decidimos aproveitar a creatividade dos nosos rapaces e rapazas e tratar de demostrarlle a toda a comunidade académica que tamén os clásicos poden ser divertidos. Esta vez escollemos as "Coplas a la muerte de su padre", de Jorge Manrique, que foron transformadas en poemas vangardistas polos nosos alumnos e alumnas de 4 ESO e encheron os corredores do noso centro.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Como todos os anos, entregamos as mochilas viaxeiras ao noso alumnado de 1º ESO para que as desfruten coas súas familias. Cargadas de material variado (revistas, libros, xogos...) esperamos que teñan unha longa e fructífera viaxe!!!

MAIO, MES CON G: CINEMA EN GALEGO

Imagen
 Como unha parte da organización de "Maio, mes con G(alego)" levamos ao noso alumnado de 1º Bach a disfrutar do filme + Cuñados no noso cinema de barrio.   Como desfrutaron da sesión!!!

MAIO, MES CON G: TEATRO EN GALEGO

Imagen
    Como unha parte da organización de "Maio, mes con G(alego)" levamos ao noso alumnado de 1º ESO a desfrutar da estrea da obra dos noso grupo teatral "Os saturninos".  

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Con axuda do noso voluntariado e dos correspondetes xuvenís, decoramos a biblioteca e a cafetería con creacións de María Luísa Villalta.

ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: CLUB DE CIENCIA

Imagen
Durante o presente curso académico, os nosos compañeiros Álvaro Cabanas, Sara Villar e Julia Ríos (equipo da biblioteca), José Manuel Pérez e Anabel Míguez, coordinados Rocío Piñón, profesora de Física e Química e parte do noso equipo de biblioteca, encargáronse de transformar o noso espazo nun taller científico de primeiro nivel a través da súa iniciativa de crear un Club de ciencia dirixido ao noso alumnado máis novo.   Esta actividade, que se desenvolveu durante o primeiro martes de cada mes, respondeu ao desexo de espertar vocacións científicas entre os nosos rapaces e rapazas amosándolles a faceta máis lúdica do mundo da ciencia.    As actividades propostas foron variadas e entretidas e, sobre todo, moi valoradas entre os que se animaron a participar no proxecto.    Comezou a súa andanza o Club de Ciencia mediante a transformación do noso instituto nunha gran sala de escape que converteu aos nosos alumnos e alumnas en detectives pescudando para resolver un ...

DÍA DO LIBRO: CONCURSO DE BOOKFACE

Imagen
  Para celebrar o día do libro organizamos un concurso de bookface entre a nosa comunidade educativa.  Esta técnica tan de moda ultimamente, consiste en facer coincidir unha parte real do corpo ou da indumentaria coa imaxe da portada dun libro, xogando coas cores, as proporcións ou a luz para conseguir o efecto de encaixar a realidade co libro. Desenvolvemos esta iniciativa para fomentar o achegamento á lectura a través da arte visual, fusionando a realidade co mundo literario a través da creatividade fotográfica. ç E realmente a participación foi fantástica!!!