ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: CLUB DE CIENCIA
Durante o presente curso académico, os nosos compañeiros Álvaro Cabanas, Sara Villar e Julia Ríos (equipo da biblioteca), José Manuel Pérez e Anabel Míguez, coordinados Rocío Piñón, profesora de Física e Química e parte do noso equipo de biblioteca, encargáronse de transformar o noso espazo nun taller científico de primeiro nivel a través da súa iniciativa de crear un Club de ciencia dirixido ao noso alumnado máis novo.
Esta actividade, que se desenvolveu durante o primeiro martes de cada mes, respondeu ao desexo de espertar vocacións científicas entre os nosos rapaces e rapazas amosándolles a faceta máis lúdica do mundo da ciencia.
As actividades propostas foron variadas e entretidas e, sobre todo, moi valoradas entre os que se animaron a participar no proxecto.
Comezou a súa andanza o Club de Ciencia mediante a transformación do noso instituto nunha gran sala de escape que converteu aos nosos alumnos e alumnas en detectives pescudando para resolver un gran misterio.
Os nosos pequenos científicos continuaron a súa actividade cunha divertidísima achega ao mundo dos robots e da robótica.
A toma de contacto co mundo da linguaxe de programación a través do scratch foi a seguinte actividade do Club de Ciencia.
A investigación sobre os cambios de estado da materia levou ao alumando do Club de Ciencia ao laboratorio para levar á práctica as súas investigacións teóricas.
Comentarios
Publicar un comentario