Coa intención de fomentar a creatividade do noso alumnado, organizamos un concurso de marcapáxinas co tema "As cantareiras e a poesía popular oral en Galiza".
Coa axuda do noso alumnado de Correspondentes Xuvenís, sacamos aos corredores os carteis que enviou a Consellería con información sobre as cantareiras. Todos quixeron colaborar e resultou unha tarefa amena e participativa. E pronto o resto do alumnado puido dispor de material informativo de calidade para empregalo posteriormente en tarefas de aula.
Con intención de analizar a situación da lingua galega na nosa comunidade, reunimos ao noso alumnado nun faladoiro na nosa biblioteca. O debate resultou moi intenso e ameno. Todos e todas coincidiron en que o emprego da lingua galega está nunha situación crítica e que deberiamos traballar para tratar de revertir un proceso que parece imparable. Foi maioritaria a opinión de que estamos ante un problema basicamente social derivado da perda de prestixio do galego na nosa comunidade. En relación coa idea anterior, puidemos coñecer de primeira man a opinión de alumnado estranxeiro, que observa con sorpresa os prexuízos de compañeiros e compañeiras no momento de empregar a lingua galega na súa vida cotiá. As propostas para a mellora no emprego do galego foron moitas, e todas interesantes. Houbo quen asegurou que unha parte do problema radica na escasa presenza do galego en produtos audiovisuais dirixidos aos m...
Comentarios
Publicar un comentario