25N: LEMBRANDO AS VÍTIMAS

 

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa intención sensibilizar ao noso alumnado ante a violencia que moitas mulleres padecen en diferentes lugares do mundo e, sobre todo, para reivindicar unha maior igualdade entre homes e mulleres en todas as facetas da súa existencia.

Durante todo o día desenvolvemos diferentes actividades en que participou toda a comunidade educativa.

En primeiro lugar, os nosos alumnos e alumnas investigaron sobre o número de mulleres asesinadas en España durante o ano 2023. Cos seus nomes construímos un muro da vergoña que posteriormente derrubamos nun acto reivindicativo.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?