SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIO
Con intención de celebrar na Biblioteca o mes da ciencia en galego, Rocío Piñón e Julia Ríos, profesoras do ámbito científico e membros do noso equipo da biblioteca, organizaron durante varios recreos unhas xornadas destinadas a que o noso alumnado puidese participar na experiencia de empregar uns lentes de realidade virtual.
Foi unha iniciativa que acadou un grande éxito entre o noso alumnado, que desfrutou da posibilidade de viaxar a Marte, navegar pola Vía Láctea ou visitar o interior dunha célula, sempre de xeito virtual.
Comentarios
Publicar un comentario