25N: DRAMATIZACIÓN DO POEMA "O MURO"


 Como colofón das actividades dirixidas a celebrar o 25N, o noso alumnado de Voluntariado de Biblioteca e máis o alumnado de Correspondentes Xuvenís encargouse de facer unha lectura dramatizada do poema "O muro" de Carlos Negro. Esta lectura foi acompañada dunha presentación gráfica da composición poética no muro de vida que dá entrada á nosa biblioteca. 

Mediante a súa presentación os nosos rapaces e rapaces buscaron facer reflexionar aos seus compañeiros e ás súas compañeiras sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na nosa sociedade e que, coma un muro, é preciso derrubar definitivamente. 

VÍDEO: DRAMATIZACIÓN DE "O MURO"

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?