FALADOIRO: 25N CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Para continuar a nosa actividade reivindicativa, organizamos un faladoiro coa intención de reflexionar sobre o que pensan os adolescentes ante un tema tan de actualidade en moitos lugares do mundo.


 Para a nosa sorpresa, aínda que todos e todas os participantes na actividade recoñeceron que a violencia contra a muller é un tema que consideran preocupante, moitos e moitas fixéronnos chegar que cada vez máis xente da súa idade considera que as medidas que se están a tomar son totalmente ineficaces e mesmo esaxeradas en moitos casos. 

 Parece preocupante observar como algúns rapaces (e tamén algunhas rapazas) defenden con intensidade o suposto relegamento dos homes nunha sociedade cada vez más feminizada que busca (supostamente) privilexiar as mulleres fronte aos homes en todas as facetas da vida (emprego, situación xurídica, dereitos...).

 




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?