FALADOIRO: É PRECISO REGULAR A IA?

 

 
Coa excusa das novas preocupantes sobre o emprego do ChatGPT entre o alumnado, reunimos aos nosos rapaces e ás nosas rapazas para reflexionar sobre se existe a necesidade de regular a IA nos distintos ámbitos da nosa vida.
 

 
Esta iniciativa acadou unha boísima acollida entre os nosos alumnos e alumnas, que debateron sobre cuestións tan variadas coma as vantaxes e os perigos da irrupción da IA (automatización de traballos tediosos para os seres humanos-desprazamentos laborais, mellora da precisión, axilización na toma de decisións-ausencia de criterios morais na toma de decisións, riscos para a seguridade, dependencia do emprego desta tecnoloxía...).
 




 
De forma paralela, tamén analizaron se o emprego xeralizado deste tipo de tecnoloxía require dunha normativa de uso máis concreta e restrictiva e, sobre todo, se a aplicación dunha lexislación deste tipo sería sinxela e/ou útil.
 











Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?