NADAL LITERARIO

 

Con intención de lembrar a importancia de agasallar e recibir agasallos lectores en Nadal, organizamos un Nadal literario. 

Como punto de partida creamos unha baralla de póker distribuída nos catro paus tradicionais (pica, trevo, corazón e diamante) e decoramos cada un dos naipes co protagonista dunha obra da literatura universal.

A continuación creamos una árbore de Nadal con libros expurgados e a decoramos cos nosos naipes.




 

Posteriormente colgamos no corredor a información concreta dos naipes para facilitarlles o acceso aos nosos rapaces e rapazas.





E, por último, animamos a todos os rapaces a investigar con que autor e obra literaria se relacionaba cada un dos personaxes incluidos no xogo.


A iniciativa foi todo un éxito!!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?