DIA DA PAZ: DRAMATIZACIÓN DE "EL TAMBORCILLO MÁGICO"
Coa intención de traballar a favor da paz e a concordia entre o noso alumnado, decidimos propoñerlles aos participantes no noso grupo de teatro a lectura dramatizada de "El tamborcillo mágico". Esta é unha obra de teatro infantil de Gianni Rodari que defende o valor da empatía e a bondade. Conta a historia dun tamborileiro pobre que volve da guerra cun tambor como única posesión. De camiño á súa casa atopa unha velliña que, como premio ante a súa xenerosidade, outórgalle un encantamento: que cada vez que toque o tambor, bailarán todos os homes e animais do bosque. Este don protéxeo e axúdao a voltar san e salvo ao seu destino.
Con gran entusiasmo, "Os saturninos" abordaron a dramatización desta obriña que, posteriormente, puido ser visionada por toda a comunidade escolar.
Comentarios
Publicar un comentario