FALADOIRO: QUE É O AMOR PARA MIN?

 Aproveitando a celebración do día de San Valentín organizamos un faladoiro para que o noso alumnado reflexionase sobre a nosa concepción do amor e sobre a necesidade de mudar algunha das crenzas máis profundas sobre o sentimento amoroso porque... Todos temos realmente unha media laranxa? Son os ciumes manifestacións amorosas ou simplemente mostras de posesión? Existe a persoa perfecta? Cambia o amor cos anos ou sempre temos o mesmo xeito de amar?

Baixo a moderación da nosa compañeira Sara, os nosos rapaces e rapazas abriron o seu corazón e compartiron os seus pensamentos sobre este tema tan importante na súa idade.



E descubrimos que, a pesar da súa xuventude, todos e todas teñen ideas moi claras sobre un sentimento tan universal, tan intenso e tan controvertido coma este.

 












 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?