ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XADREZ


 Durante o presente curso académico, e coa axuda inestimable da nosa compañeira Lelé,  a nosa biblioteca converteuse nun taller de xadrez durante o segundo martes de cada mes.

Foi esta unha actividade que acadaou un grande éxito entre o noso alumnado, moi afeccionado á práctica deste deporte.




Realmente son moitos os beneficios que aporta o xogo do xadrez: paciencia, tolerancia, creatividade ou flexibilidade metal. No noso caso converteuse, ademais, en mecanismo de integración para varios alumnos provenientes do estranxeiro que chegaron ao noso centro educativo sen nocións de castelán ou galego. Foi este o estímulo que precisaban para converterse en membros cada vez máis activos da nosa comunidade educativa.








Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?