CELEBRAMOS O SAMAÍN
Durante o presente curso académico, e para celebrar o Samaín, botamos man do noso equipo de Voluntariado e de Correspondentes e fixemos unha sesión de lecturas terroríficas entre o noso alumnado máis novo.
Coa axuda dos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega adaptamos unha selección de relatos de terror provenientes de diversos autores (Edgar Allan Poe, Paula Carballeira, W.W. Jacobs, Stephen King...) e os levamos ás aulas.
Foi moi divertido observar as reaccións sorprendidas dos nosos rapaces e rapazas ante unhas lecturas tan ben dramatizadas!!!
Comentarios
Publicar un comentario