ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: ORIGAMI

 

Durante o presente curso académico, e da man da nosa compañeira Alejandra Feal, a nosa biblioteca converteuse durante o cuarto martes de cada mes nun taller de origami.

Esta iniciativa acadou unha resposta moi positiva entre o noso alumnado, que desfrutou dunha experiencia eminentemente creativa, pero tamén dunha actividade que le permitiu traballar a concentración, a coordinación e nocións matemáticas tan diversas como a aplicación de medidas de proporcións, creacións de figuras xeométricas ou desenvolvemento da visión espacial.



Pero, sobre todo, supuxo un aporte incrible de relax e harmonía entre o noso alumnado máis novo.


 


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?