ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA
Durante o presente curso académico, e da man dos nosos compañeiros do equipo da biblioteca Rocío Piñón, Julia Ríos e Álvaro Cabanas, os recreos do luns e o mércores convertéronse en punto de encontro para o noso alumnado afeccionado aos xogos de mesa.
Ademais de desfrutar coa experiencia lúdica, esta iniciativa permitiu que moitos rapaces e rapazas con dificultades de relación atopasen un lugar onde convivir cos seus iguais e que creasen lazos firmes de unión con outra xente en situación semellante.
Comentarios
Publicar un comentario