DÍA DE ROSALÍA: POESÍA E ROSAS
Coa intención de celebrar o día de Rosalía, convertemos aos nosos Correspondentes Xuvenís e Voluntarios de Biblioteca en recitadores profesionais por un día e invitamos a todo o alumnado do noso centro a escoitar na nosa biblioteca a emocionada lectura da obra rosaliana baixo o lema: "un poema, unha rosa".
Moitos e moitas se animaron a ler.
E outros tantos e tantas participaron como público.
Pero todos gozamos intensamente coa actividade.
VÍDEO: RECITADO ROSALÍA1
VÍDEO: RECITADO ROSALÍA 2
Comentarios
Publicar un comentario