25N: BARÓMETRO DO MACHISMO

 No ano 2019 Unicef España puxo en marcha o Barómetro de opinión da infancia e a adolescencia, un proxecto de investigación deseñado para dar a coñecer de xeito anual as opinións e as preocupacións dos nenos e adolescentes no noso país.

 A través da análise de enquisas respondidas por rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, o Barómetro permite analizar a percepción da nosa xuventude sobre cuestións diversas: que problemas perciben na sociedade en que viven, que elementos consideran claves para o seu benestar persoal, cal é a influencia das circunstancias persoais, educativas e familiares no seu desenvolvemento individual…

 Os últimos resultados deste estudo mostran que a porcentaxe de mozos e mozas preocupados polas desigualdades, o machismo e a violencia de xénero non deixou de caer dende o 2019. Mentres na primeira edición do Barómetro este problema ocupaba o primeiro lugar entre as inquedanzas dos nosos e as nosas adolescentes, na segunda edición pasou ao oitavo posto e na terceira, quedou relegado á décimo terceira posición.

 Pero... debemos deducir que este cambio provén dunha maior igualdade entre

 Para tratar de responder a esta cuestión, no IES Saturnino Montojo desenvolvemos o noso propio Barómetro do machismo.

VÍDEO: Barómetro contra o machismo



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?