ACTIVIDADES LÚDICAS NA BIBLIO: XOGOS DE MESA
O 20 de novembro visitáronnos dous novísimos emprededores para presentar ante o noso alumnado un xogo de mesa da súa creación.
A través dunha dinámica moi entretida e interesante, esta proposta lúdica busca denunciar os abusos consumistas e potenciar o consumo responsable, sobre todo (aínda que non exclusivamente) entre os rapaces e rapazas adolescentes.
Durante esta amenísima xornada, aprendemos a xogar.
E xogamos varias partidas emocionantes e disputadísimas.
Incluso os nosos compañeiros de ciclo, curiosos ante a diversión dos seus compañeiros da ESO, se apuntaron a participar da nosa proposta.
Comentarios
Publicar un comentario