DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA



Capitaneado por Rocío Piñón, profesora de Química e por Julia Ríos, profesora de Matemáticas, o noso alumnado celebrou o Día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro).


 As nosas compañeiras científicas encargáronse de organizar unha exposición destinada a dar a coñecer os logros mulleres científicas no campo da Astronomía.  


E polas súas mans pasaron pioneiras Hipatia de Alexandría, Nicole-Reine Lepaute ou Caroline Lucretia Herschel...  pero tamén outras figuras menos coñecidas como as galegas Isa Rebollido Vázquez ou Raquel Fraga-Aceiñeiras. 

Rematamos a xornada cunha explicación a escala sobre o funcionamento do noso sistema solar.


Quen sabe se espertamos alguna vocación con esta entretida actividade...


Comentarios

Entradas populares de este blog

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?