ACTIVIDADES DE ENTROIDO: SCRABBLE LINGÜÍSTICO
Para celebrar o Entroido do presente curso académico, o equipo de biblioteca disfrazou o claustro de profesores de fichas de scrabble e organizou un concurso entre os nosos alumnos e alumnas, que debían formar palabras empregando letras con diferentes valores numéricos.
A proposta obtivo moita aceptación entre o alumnado, que perseguiron aos profesoras e profesoras do centro con intención de ordenar letras e formar palabras.
Obtiveron premio os que conseguiron unha maior puntuación na formación de palabras completas.
Aquí están os gañadores e gañadoras, encantadísimos e encantadísimas cos seus premios!!!
Comentarios
Publicar un comentario