DÍA DE ROSALÍA: POESÍA E ROSAS


 Coa intención de celebrar o día de Rosalía, varios alumnos de Proxecto Competencial de 4º de ESO e de Correspondentes Xuvenís convertéronse en recitadores e fixeron unha lectura dramatizada de varios poemas da autora de Padrón ante os seus compañeiros e compañeiras.

   En primeiro lugar, os rapaces e rapazas de 4º de ESO presentaron unha versión plurilingüe do poema "Adiós ríos; adiós fontes", de Follas novas.

   A continuación, Paloma e Paula ofreceron a súa versión persoal de "Miña santiña", de Cantares gallegos.


Vídeo: Recitado poemas de Rosalía de Castro


Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

FALADOIRO: LINGUA GALEGA, SI OU NON?