Entradas

EXPOSICIÓNS NA BIBLIOTECA

Imagen
 Para celebrar o Día do Libro, expuxemos os traballos que elaborou o noso alumnado de 1º de ESO a partir da lectura de mitos clásicos.

SACAMOS AOS GAÑADORES DAS LETRAS GALEGAS AOS CORREDORES DO NOSO INSTITUTO

Imagen
 Para celebrar o Día das Letras Galegas, sacamos aos gañadores das Letras Galegas aos corredores!!!

LER, LER, E LER!!!

Imagen
 Con motivo da celebración do Día do Libro, o noso alumnado de Voluntariado sacou aos corredores refráns sobre a lectura en diferente linguas.   Porque hai que animar a ler a toda a nosa comunidade educativa!!!

FALADOIRO: INFLÚEN AS REDES NAS RELACIÓNS SOCIAIS?

Imagen
 Durante a mañá do 14 de abril propuxémoslles unha faladorio ao noso alumnado sobre a influenza das redes nas relación sociais.  Ao longo de toda semana, a comunidade educativo puido depositar nunha caixiña a súa opinión sobre o tema. Durante o recreo do día 14 lemos algunhas das propostas e, posteriormente, establecemos un faladoiro para tratar de identificar cal é a influenza real das novas tecnoloxías nas formas de relacionarse.    

ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS: FALAMOS DA ESCOLA

Imagen
 O día 29 de marzo, e dentro das actividades interxeneracionais que desenvolvemos en colaboración coa Fundación ABANCA, os nosos alumnos e alumnas de 4º ESO participaron na iniciativa FALAMOS DA ESCOLA.   Esta actividade, que permite o enriquecedor intercambio de información entre o noso alumnado e persoas dunha xeración moi anterior, dividiuse en dúas etapas. Nun primeiro momento, recibimos a visita de Esther Maseda, Josefa Ávarez e Jesús Victoria, que nos falaron sobre as súas experiencias educativas. A raíz da súa participación, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre os cambios no acceso á educación no noso país, pero tamén sobre a necesidade de educarse como paso para acadar unha formación íntegra como persoa.     Nun momento posterior, acudimos cos rapaces á propia Fundación Abanca para desenvolver a segunda parte da actividade: reflexionar sobre cal debe ser o papel da educación na sociedade contemporánea. Neste caso, o alumnado foi organi...

TEATRO, TEATRO!

Imagen
 Para celebrar o día do teatro (27 de marzo), os nosos Correspondentes transformáronse en actores e actrices por un día e converteron diversos lugares do noso instituto en escenarios onde representar a súa función.  Así, e para deleitar a un público entusiasta, visitaron as aulas…  Tomaron os corredores…    E mesmo saíron ao patio…  

CELEBRANDO O 8M